Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza en Xapón

O G8 confirma o agoiro: a axuda ao desenvolvemento non é prioridade

Un borrador con mínimos a cumprir na loita contra a mudanza climática sería de momento o maior éxito.

Redacción - 09:00 08/07/2008

"Non son necesarias máis promesas", indicaba este luns o secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, recordando que xa existen compromisos estabelecidos polo grupo das maiores potencias económicas do planeta e que o imprescindíbel e levalos adiante.

Con todo, non parece que iso vaia ser posíbel nesta cimeira de Hokkaido, en Xapón. Respecto da promesa feita en 2005 na xuntanza en Escocia, o documento inicial co que traballa o G8 aposta por non eliminar o plan de investimento de 32 mil millóns de euros en axuda ao desenvolvemento para o continente africano. Pero paradoxalmente, renuncian a fixar unha data para a inxección deses cartos, eliminando o compromiso de 2010 anteriormente estabelecido. O agoiro non é bo, xa que en tres anos, os países do G8 só concederon apenas 2 mil millóns nese apartado.

Na reunión ao inicio do cumio entre os líderes do G8 coas delegacións de varios países africanos, entre eles Suráfrica, Alxeria ou Senegal, falouse da crise alimentaria, os prezos da enerxía e a cooperación ao desenvolvemento, malia non saír ningún proxecto ambicioso. De xeito paralelo, en Katibugu, en Mali, celébrase o chamado Cumio dos Pobres, onde representantes de todo o continente africano exhortaron aos líderes dos países máis ricos a deixar de facer "actos publicitarios" con promesas sempre incumpridas ao final.

Por outro lado, este martes espéranse coñecer os detalles do principio de acordo en materia de loita contra a mudanza climática acadado nas últimas horas na xuntanza do G8. O obxectivo era avanzar sobre os obxectivos marcados hai ano ano cano se falou de reducir as emisións até a metade antes de 2050.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: