De escoller o primeiro, a comarca de Ferrolterra daría por boa a campaña, coa que levan anos, para que se recoñeza o escritor e filólogo ferrolán.
Ramón Piñeiro tamén é firme candidato
En Ferrolterra levan meses en campaña para acadar o recoñecemento de Ricardo Carvalho Calero como homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009. A iniciativa partiu, hai anos, da Fundaçom Artábria, e neste tempo organizaron palestras, debates, concertos e varias xornadas dedicadas a reivindicar un recoñecemento para a obra dun dos grandes intelectuais galegos do século XX.
Este sábado han saber, ao fin, se é Carvalho Calero o escollido, porque a Real Academia Galega (RAG) reúnese para decidir finalmente quen vai ser o homenaxeado ou homenaxeada o ano que vén.
Mais tamén se falou moito de Ramón Piñeiro
Segundo fontes da Academia, outro candidato importante é Ramón Piñeiro. De feito, na xuntanza da entidade vaise debater unha proposta sobre a súa candidatura para o ano 2009.
A decisión hase tomar por volta das 13:00 horas.