Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ACTO DE ARTÁBRIA E AGAL NO ATENEO FERROLÁN

Carvalho Calero: Será no 2009?

Unha conferencia de José Martinho Monteiro Santalha, Maurício Castro e Alexandre Banhos titulada Carvalho Calero: Ferrol galego e universal reinicia a reivindicación dun Día das Letras dedicado ao escritor en 2009

Redacción - 13:33 22/11/2007

A conferencia, organizada conxuntamente pola Fundaçom Artábria e a Associaçom Galega da Língua (AGAL) en colaboración co Ateneo Ferrolán, contará coa participación do maior especialista na figura de Carvalho Calero, José-Martinho Monteiro Santalha, professor de Didáctica das Linguas na Universidade de Vigo; de Maurício Castro, xefe do Departamento de Português na EOI de Ferrol; e de Alexandre Banhos, novo presidente da AGAL.

Os tres presentarám diferentes aspectos da traxectoria intelectual, biográfica e artística de Carvalho Calero, co obxectivo de a divulgar na sua cidade natal e reclamar un meirande recoñecemento social e institucional. Ademais, este acto serve para reiniciar a xa vella reivindicación de Artábria de que o Día das Letras de 2009 se dedique ao polígrafo ferrolán. Será a partir das oito e media da tarde no salón de actos do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Madalena 202-204 da cidade.


3,29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: