Galiza rexistra o peor balance a nivel estatal, con só 21.845 nacementos fronte a 30.160 defuncións.
O crecemento vexetativo do país, a diferenza entre a cifra de partos e mortes, ofrece un ano máis números negativos: -8.318 persoas. Xa que logo, e de non ser pola inmigración, a conta anual do padrón ofrecería tamén crecemento negativo. Con todo, tamén neste caso, a evolución no último ano foi mínima. E é que se no resto do Estado, ao mirar a media de nacementos vemos que un de cada cinco cativos é de nai chegada dalgún outro recanto do planeta, en Galiza esa porcentaxe quedou no último ano en apenas o 6,8%, un punto por riba do ano anterior, con 1.400 nacementos de nai vida da inmigración.
Así, en 2007 os peores números atopámolos na provincia de Ourense, cun saldo negativo de -2.535 (4.503 defuncións e 2.060 nacementos). En Lugo: -2.519 (4.698 defuncións e 2.179 partos). Na Coruña: -3.393 (12.484 mortes e 9.091 nacementos). Por último, a única evolución positiva é a de Pontevedra: +125 (froito de 8.507 nacementos e 8.378 mortes)