Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito na negociación do convenio colectivo

"Pretenden explotar a xente da costa", quéixanse os traballadores de Stolt Sea Farm

Desde CCOO critican a viraxe nas políticas laborais aplicadas pola empresa cara ao que cualifican de "capitalismo salvaxe".

Redacción - 12:00 03/07/2008
Piscifactoría de Stolt Sea Farm en Quilmas (Carnota) / Foto: Adega

Piscifactoría de Stolt Sea Farm en Quilmas (Carnota) / Foto: Adega

A Federación Agroalimentaria de Comisións Obreiras considera que á súa chegada a Galiza, a dirección de Stolt Sea Farm despregou un sistema de relacións laborais "acordes coa filosofía dunha empresa procedente dun dos países máis avanzados no referente ao social", en referencia á orixe norueguesa deste grupo empresarial. Avalían desde o sindicato que no marco desa estabilidade, a empresa obtivo nos dous últimos anos arredor de dez millóns de euros de beneficios en Galiza.

Nese contexto, láianse da actitude emprendida por Stolt Sea Farm na recente negociación do convenio colectivo e acusan a empresa de pretender "explotar" a xente da costa. Segundo CCOO a empresa quere que os seus traballadores renuncien a conquistas como o complemento por antigüidade a cambio dun "pobre aumento" para 2007 do 5% máis o IPC (4,2%), e para 2008 e 2009 de só o 0,40% máis o IPC. Para conseguir esas renuncias a empresa está "afogando economicamente o persoal a base de mantelo sen suba salarial desde 2006 malia o encarecemento notábel do custo da vida e tendo en conta os baixos salarios que teñen". O sindicato pídelle á empresa que "teña en conta as envexábeis condicións que lle fornece a costa galega e os cartos públicos que recibiu" e atenda as reivindicacións dos traballadores.

Stolt Sea Farm forma parte do grupo noruegués Stolt Nielsen. En Galiza emprega ao redor de 180 persoas en máis de seis plantas de cría e engorde de rodaballo, lubina e linguado, que se localizan en Palmeira—Ribeira, Carnota, Camariñas e Muxía.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: