Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mantén que o TAV será unha realidade en catro anos

Blanco garante que Galiza vai recibir o 8% do investimento do Estado en 2009

O secretario de Organización do PSOE elude aclarar se os emigrantes van poder votar en urna nos comicios de maio.

Redacción - 13:10 29/06/2008

Nunha entrevista que lle concedeu este domingo á Radio Galega, o secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, garantiu que o vindeiro ano Galiza vai recibir de novo un 8% do investimento global para infraestruturas e reiterou que o Tren de Alta Velocidade estará en marcha en 2012. Para isto último, o político de Palas de Rei recoñeceu que “é preciso licitar de xeito inmediato os tramos entre Zamora e Lubián e en 2009 entre Lubián e Ourense”

Blanco foi ben menos claro á hora de falar da posibilidade de que os emigrantes voten en urna nos vindeiros comicios galegos. Segundo o socialista, hai “uns tempos que os vai marcar o Congreso”, onde se vai crear unha subcomisión.

O dirixente socialista considera que o congreso que o PSdeG vai celebrar a finais de xullo dará “un proxecto político renovado que sexa capaz de atraer á maioría dos galegos nas urnas”.

Referíndose aos tres anos de bipartito, Blanco cualificounos de “moi positivos”. Aínda que son moitas as voces que sinalan que a relación de Blanco e Touriño é máis ben fría, o de Palas de Rei non dubidou en dicir que o presidente galego “goza dun amplo recoñecemento social” e mostrouse seguro de que revalidará o cargo en maio.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: