Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIA DO ORGULLO LGTB

Paqui Vásques e Susan Tidad encabezarán na Coruña a manifestación das Maribolheras Precarias

O colectivo coruñés sae á rúa para celebrar a festa reivindicativa e para protestar contra a Igrexa por opoñerse ao uso do preservativo.

Redacción - 14:30 28/06/2008

“A igrexa mata, aposta!”. Con este contundente lema saen este sábado á rúa as Maribolheras Precarias. O colectivo coruñés quere aproveitar o Día do Orgullo das Lesbianas, Gais, Transxéneros e Bisexuais para turrarlle das orellas á institución eclesiástica. Lembra que mentres millóns de persoas no mundo padecen o VIH, a Igrexa segue a opoñerse ao uso do preservativo.

Aínda que a festa na cidade herculina comeza cun xantar na casa das Atochas, o prato forte da xornada será ás 20 horas cando parta a manifestación do Campo de Marte para rematar no Campo da Leña, onde haberá festa asegurada. Xogando co humor, Maribolheras Precarias xa anunciaron que Paqui Vásques e Susan Tidad estarán na protesta.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: