Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLAN DE VIABILIDADE

Romeu busca relevos para apartar a Xosé Maril da presidencia da Semana Verde

Os socialistas queren abrir unha nova xeira e ter ao mesmo tempo o control do recinto feiral.

Redacción - 19:55 26/06/2008

Xosé Maril ten os días contados á fronte da Semana Verde. Segundo puido saber Vieiros, PSdeG e BNG negocian a saída do sempiterno presidente da Semana Verde que tería que producirse sempre antes do outono e que vai ligada ao plan de viabilidade. Os socialistas, que teñen un maior peso dentro da entidade ca os seus socios do BNG, teñen na gaveta o nome dun posíbel presidente, veciño da comarca, igual ca Maril.

Socialistas e nacionalistas non foron quen de chegar a un acordo sobre a Semana Verde no que vai de lexislatura. Dous foron os obstáculos: a redifinición do recinto e o control do mesmo. Porén, semella que será finalmente o PSdeG o que pilote o futuro do recinto aínda que a negociación non está pechada. Méndez Romeu, presidente da fundación, non quixo deixarlle as chaves a Medio Rural, que ao inicio da lexislatura tiña especial interese no recinto.

Precisamente na tarde deste xoves os patronos da Fundación Semana Verde, encabezados polo propio Romeu, tiñan previsto debater o plan de viabilidade.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: