Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
fútbol

Tocoulles o grupo máis difícil

Os equipos galegos de Segunda B terán que xogar a tempada que vén contra os clubes da Cornixa Cantábrica. Os desexados canarios e madrileños estarán cos murcianos no grupo 2º

Redacción - 10:58 26/06/2008
Flickr: JesusVidal

Flickr: JesusVidal

Os equipos galegos que xogan en 2ª B (Deportivo B, Celta B, Cidade de Santiago, CD Lugo, Pontevedra CF e Racing de Ferrol) han ter que xogar na vindeira tempada no Grupo 1º, xunto aos equipos de Castela e León (Ponferradina, Zamora, Guijuelo, Leonesa e Valladolid B), Asturias (Marino de Luanco e Sporting de Gijón B), Euskadi (Barakaldo, Real Unión de Irún, Lemona, Sestao River, Sanse e Bilbao Athletic) e Cantabria (Santander B).

Así se decidiu esta cuarta feira en Madrid, a onde os galegos enviaran ao director xeral do Lugo, Carlos Mouriz. Alí, as arelas dos nosos equipos (poder competir no mesmo grupo que madrileños, asturianos e canarios, como até o de agora) non foron escoitadas, impoñéndose finalmente o peso dos clubes de Castela e León, os que máis loitaron por formar e facer parte do Grupo 1º, o do norte.

Caros desprazamentos e duros rivais
O grupo do norte non era o que preferían os galegos, porque os desprazamentos son caros (téñenos que custear os propios clubes, mentres as viaxes a Canarias están todas subvencionadas) e hai moitos clubes dos duros, tipo Ponferradina, Zamora ou a Cultural Leonesa, que sempre procuran un sitio propio nas prazas de ascenso; á marxe doutros equipos como o Baracaldo, a Real Unión ou algún filial, que sempre pelexan por colocarse entre os primeiros.

Canarios e madrileños quedaron, finalmente, no grupo 2º, xunto cos clubes murcianos, o Mérida estremeño e o Logroñés de A Rioxa.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: