Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Caravana protesta

A 50km/h entre Santiago e Vigo para "salvar o tren"

A Plataforma en Defensa do Tren de Proximidade prepara unha nova mobilización en denuncia pola "falta de resposta" sobre o futuro de ferrocarril en Galiza.

Redacción - 09:00 24/06/2008

Son xa máis de 10 mil sinaturas as recollidas pola Plataforma en Defensa do Tren de Proximidade en apoio das reivindicacións esgrimidas diante do Ministerio de Fomento para que non só non se supriman os escasos servizos de proximidade senón que se despreguen novas oportunidades para o tren no país. O colectivo "Salvar o tren" mobilízase así contra os plans que o goberno español leva adiante coincidindo coa chegada da alta velocidade e que implican a supresión de numerosas paradas das que o ferrocarril dispoñía.

"Unha vez desaparecidos os trens rexionais e sen existir unha alternativa a este servizo, os usuarios verémonos abocados a utilizar o automóbil", quéixase Fernando Gómez, coordinador da Plataforma. Advirten de que a estratexia favorecida polas administracións vai en favor dun sistema protagonizado polo transporte por estrada, insustentábel e causante de accidentes e colapsos de tráfico. Por este motivo, o colectivo decidiu que a próxima protesta a organizar sexa unha caravana de vehículos que viaxarán pola N-550 entre Santiago e Vigo á velocidade mínima fixada polo código de circulación nese tipo de vías, é dicir: a 50 quilómetros por hora.

A marcha transcorrerá baixo o lema "No 2012 o Tren irá por estrada". Con probabilidade, será durante a primeira semana de xullo, malia que aínda non se comunicou a data final.


4,75/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: