Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Incumprimento no 65% dos centros

O Valedor tramitará a queixa polo déficit de ensino en galego na Infantil

Un de cada catro cativos de tres anos "só recibe unha hora ou menos en galego" cada día.

Redacción - 15:00 23/06/2008

O 10,5% dos nenos e nenas de 3 anos das sete cidades non reciben nin tan sequera unha hora en galego ao día, mentres outro 16% só recibe xustamente unha hora en galego, "moi por debaixo do estipulado polo decreto 124/07", segundo o estudo que elaborou a Mesa pola Normalización Lingüística. Como media, o 65% dos rapaces de entre 3 e 6 anos nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol cursan os seus estudos en centros que "non cumpren coa obriga legal de que cando menos a metade do seu horario sexa na lingua propia de Galiza".

A "preocupante situación" foi obxecto este luns da xuntanza do presidente da Mesa, Carlos Callón, co Valedor do Pobo, Benigno López. O colectivo pediulle á institución que interveña fronte aos obstáculos ao galego nas aulas. Logo de recibir o informe, que segundo a Mesa confirma que o escenario "calamitoso" da lingua nas aulas de Infantil, entre 3 e 6 anos, o Valedor comprometeuse a tramitar diante da Xunta para que sexa a propia administración a que avalíe polo miúdo a situación e "tome as medidas correctoras necesarias".

Ao erspecto, a Mesa solicita, entre outros, o deseño dun plan de formación lingüística para o profesorado, a implementación de campañas de sensibilización, a promoción dunha guía de recursos en galego para as diferentes materias e tramos educativos e garantir a existencia de material pedagóxico nesta lingua para as diferentes disciplinas. "O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, son os responsábeis políticos desta nefasta xestión educativa que pon en perigo o futuro da cultura galega e, ademais, vulnera tanto o dereito a unha formación de calidade como os dereitos lingüísticos dos nosos nenos e das nosas nenas", afirma Callón.


4,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: