Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
LOITA Olímpica

Os galegos destacan no Internacional de Loita de Suíza

Na selección estatal hai tres loitadores de Galiza. Algúns compiten con pesos superiores ao seu, e aínda así, penduran unha medalla do seu pescozo.

Redacción - 12:24 20/06/2008

Os tres deportistas galegos, que foron seleccionados para facer parte do combinado estatal cadete que participou no Torneo Internacional de Suíza, demostraron ben a súa valía.

Os tres, (Eliseo Permui, Miguel Caramés e Pablo Fernández) adestran no CGTD de Pontevedra, baixo a supervisión de Alexander Kachelaev, e, desta volta, volveron destacar entre os seus compañeiros de equipo.

Os éxitos dos galegos
Na categoría de menos de 50 kg., Miguel Caramés (Club Keltoi de Vila de Cruces) logrou un segundo posto, ao chegar á final nun peso superior ao seu, perdendo unicamente co representante suízo. Polo seu lado, Eliseo Permui, tamén do Keltoi, en menos de 54 kg., foi primeiro, tras vencer na final ao loitador francés.

Houbo un chisco menos de sorte para Pablo Fernández, do San Ignacio de Vigo, que perdeur o primeiro combate e non puido recompoñerse no posterior. Pero en canto á súa eliminación hai que ter en conta que el é cadete, e competía en júnior, e, ademais, en peso aberto, o que significa que os deportistas podían chegar a pesar até 120 kg., cousa que foi determinante para a eliminación do vigués.

Conseguidos estes resultados agora só falta que o seleccionador español confirme a convocatoria de Permui para acompañar a outro galego, Luís Garnil (tamén do Keltoi) no Campionato de Europa Cadete, que se desenvolverá a finais de mes en Letonia.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: