Os deportistas dos CGTD contribuíron ás medallas dos galegos no Campionato Estatal Escolar.
A selección galega fixo un bo papel no Campionato Estatal Escolar de loita, celebrado en Xaén na fin de semana, onde acadou, na modalidade de Loita Libre Olímpica, a medalla de prata, e na modalidade de Grecorromana a medalla de bronce.
Na proba tamén participaban varios alumnos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), dirixidos por Alexander Katchalaev e Nicolás Castro.
De entre eles, os que acadaron uns resultados máis destacados foron Pablo García García, do Clube Saudade de Vigo, que conseguiu a medalla de ouro na categoría de Loita Olímpica; e na categoría de Loita Grecorromana as mellores posicións no podio foron para Francisco Javier Vázquez Miñones do Clube Lobeira de Vilagarcía (medalla de ouro); Fernando Silva Reiriz, do Clube Santa Uxía de Riveira (medalla de bronce); Daniel Sobrado García, do Clube Keltoi de Vila de Cruces (medalla de prata) e Alejandro Silva Reiriz , do Clube Santa Uxía de Riveira (medalla de bronce).