Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA A OBESIDADE INFANTIL

Froita contra lambetadas

As escolas deberán deixar de vender produtos de azucre e pasar a ofrecer froita e vexetais.

Redacción - 09:30 23/06/2008

Promover a comida saudábel e evitar a obesidade infantil. Estes son os obxectivos que se marca a Unión Europea nun documento que vén de elaborar a Comisión e que xa lles foi remitido aos diferentes países. A idea é retirar as máquinas de comercialización de lambetadas, bebidas doces e "snaks" aromatizados e con azucre, e, no seu lugar, ofrecer froita e vexetais.

Polo de agora é unha recomendación que se dirixe á eliminación dos alimentos chamados competitivos dos colexios. Porén, advirten de que deben de ser tidas en conta polos ministros europeos e que a proposta formal, que será presentada o vindeiro mes, incluirá esta medida xunto cun orzamento de 90 millóns de euros para o financiamento de medidas coma esta que loiten contra a obesidade infantil.

Obesidade alarmante
Este programa diríxese ao incremento duradeiro na porcentaxe de froitas e verduras nas dietas dos máis pequenos. Quérese frear unha tendencia que xa é alarmante: ata o 27 por cento dos homes e o 38% das mulleres en Europa son considerados obesos.

O consumo diario de froitas e verduras en Europa é dunha media de 380 gramos por persoa, cifra que se atopa por baixo da recomendación da Organización Mundial da Saúde (400 gramos).


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: