Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Esta terza feira

'Buzinão' contra o aumento dos prezo dos combustíbeis

Cidadáns de máis de setenta vilas de Portugal marcharon polas rúas tocando o claxon, en protesta polo encarecemento do petróleo.

Redacción - 12:35 18/06/2008
Imaxes do 'Buzanão', tiradas do Público

Imaxes do 'Buzanão', tiradas do Público

Após os mariñeiros, armadores e os transportistas, chegou a quenda das familias e os consumidores particulares. Esta terza feira os portuguesas tiñan preparada unha mobilización nacional á que chamaron Buzinão, que, promovida polo Movimentos dos Utentes dos Serviços Públicos, xuntou, nas principais cidades, a persoas tocando o claxon.

O Buzinão tivo máis seguimento nas cidades de Lisboa, Porto e Coimbra; na capital, dende as 18.00 horas era difícil oír outro son que non fose o do claxon dos automóbiles. Tamén houbo outro estilo de protestar, porque ademais de tocar o claxon, os mobilizados en máis de 70 cidades de vilas do país manifestáronse en marcha lenta polas principais avenidas.

Poden ver imaxes da protesta na web do xornal portugués Público.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: