Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non comentan as críticas de cando eran Goberno

O PPdeG denuncia ante o Valedor a "falta de neutralidade e veracidade" da TVG

Piden a súa intervención ante a "situación de censura" detectada na canle pública, e lembran que son o partido maioritario do país.

Redacción - 19:30 16/06/2008

O PPdeG presentou este luns por medio do seu secretario xeral, Alfonso Rueda, unha queixa ante o Valedor do Pobo para requirir a súa intervención ante a "falta de neutralidade e veracidade" e a "situación de censura" detectada na TVG.

Os populares bótanlle a culpa desta situación á dirección "sectaria", que din está "ao servizo" dos intereses das formacións que sustentan o Goberno, PSdeG e BNG, e non aos "magníficos profesionais" da canle pública.

Rueda lembrou a condición do PPdeG como formación maioritaria do país, polo que solicitou que se "respecte a pluralidade e a representatividade que os galegos lle deron cos seus votos". Xa que logo, solicítanlle ao Valedor que lle recorde ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, os seus "deberes constitucionais e legais", para que a TVG "sexa imparcial e obxectiva".

Situación que antes criticaban PSdeG e BNG
O escrito presentado está acompañado de "máis de cen folios" que "acreditan", segundo Rueda, o "tratamento tendencioso" da Galega. Preguntado por se esta situación é a mesma que criticaban PSdeG e BNG cando eran oposición, o secretario xeral do PPdeG rexeitou pronunciarse sobre "o que fagan outros".

No entanto, para solucionar a situación de "falta de pluralidade" do ente, Rueda suxeriu que "sería un bo punto de partida" que os tres grupos políticos pactasen que o Parlamento, e non o presidente da Xunta como acontece na actualidade, nomease o director da CRTVG, algo que, recordou, figura no pacto de goberno de PSdeG e BNG.


2,6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: