Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Manifestación en Pontevedra

"Non máis incumprimentos, celulosas fóra xa!"

Milleiros de persoas pediron este sábado a "dimisión" do conselleiro de Medio Ambiente polas "mentiras sobre o futuro de Ence".

Redacción - 10:15 15/06/2008

A Asociación pola Defensa da Ría confirmou este sábado que se mantén a presión social contra Ence, liderando unha nutrida marcha de cidadáns baixo o lema "Non máis incumprimentos, Celulosas-Elnosa fóra xa!".

"Non é certo que nestes tres anos a Xunta vaia acometer o desmantelamento do complexo. Non existe vontade política de facelo, e o sometemento da Xunta aos intereses empresariais é cada día máis evidente", expresa o colectivo no manifesto asinado para esta convocatoria, "se tiveran vontade de solucionar o problema terían dado pasos neste sentido ao longo dos tres anos que levan no goberno, e nada teñen feito; só pomposas declaracións nas que por certo deixan sempre claro que ENCE pode quedar en Lourizán ata 2018".

O manifesto foi lido pola secretaria da Asociación, María Peón, quen reprochou a posición da Xunta sobre a concesión da Autorización Ambiental Integrada (AAI) a Ence e Elnosa por tres anos, "unha data que pode ser prorrogada", alertou. A APDR considera que "de non existir unha oposición tan importante" á presenza de Elnosa "a Xunta concedería as autorizacións por oito anos".

"Desde a APDR esiximos o cese inmediato e definitivo da actividade de ENCEâ€?ELNOSA na nosa Ría polos problemas de contaminación, económicos e de calidade de vida e saúde que sigue a provocar, e a dimisión do Conselleiro de Medio Ambiente pola súa defensa do complexo e como responsábel das consecuencias que para todos e todas nós se puideran derivar da presenza de ENCEâ€?ELNOSA na actual localización", explica a APDR. "Convén non esquecer o recente accidente dunha planta de cloroâ€?sosa na localidade barcelonesa de Gualba, un accidente que se pode producir en Lourizán en calquera momento", advirten.


4,78/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: