Un avión de Salvamento Marítimo atopou os seis tripulantes, que se atopan en bo estado a bordo de balsas á espera de ser rescatados.
Un palangreiro da Guarda afundiu este mércores cando faenaba a 240 millas da illa canaria de El Hierro. Os seis mariñeiros abandonaron o barco a primeira hora da mañá logo de que se abrirse unha vía de auga.
Segundo as primeiras informacións, a tripulación do pesqueiro “Tuly” atópase en bo estado a bordo de balsas. Equipos de Salvamento Marítimo e barcos que faenan na zona acoden no seu auxilio