 
 
O voceiro do PSdeG no Parlamento, Ismael Rego, recoñece que é necesario un volume de licitación maior que acelere o proceso.
Co novo plan de Fomento confirmaríase que a alta velocidade chega a Galiza máis lenta que a outros puntos do Estado. "Calquera nube de incerteza que se poida producir sobre isto convén despexala con claridade", demandaba este luns o voceiro do grupo parlamentario socialista. Ismael Rego chamaba a "permanecermos pegados" ao compromiso asumido no seu momento polo presidente do do goberno español.   
  
  "Hai un espazo de oportunidades importante para dar cumprimento a eses prazos e o que fai falta é que o goberno español os manteña ao mesmo nivel de tensión na tramitación dos proxectos das obras para permitir que polo menos ao longo de 2009 estean licitados todos os proxectos e no horizonte de 2012 poidan concluírse", explicaba Rego. Nese escenario, na súa opinión sería necesario incrementar o volume de licitación das obras da alta velocidade de conexión de Galiza cara á meseta para que se cumpra o prazo de finalización en 2012, o último comprometido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.  
  
  A reflexión do deputado socialista chega despois de que no seu último mapa estratéxico, o Fomento non incluíse a alta velocidade a Galiza no apartado das obras que finalizarían no horizonte de 2013, quedando nun espazo xenérico 2013-2020. De paso, a ministra de Fomento comparaba a alta velocidade ferroviaria coas "obras dunha casa", explicando que "sábese cando chegan os obreiros pero non cando marchan". O presidente da Xunta referírase criticamente ás palabras de Álvarez, indicando que a ministra se "confundiu de casa e operarios" cando realizou o que Pérez Touriño cualificou de "fabulación" ao respecto das obras e o atraso.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto