Mentres, en Francia Sarkozy mantén a semana de 35 horas pero permite buratos legais que a flexibilizan.
Até 65 horas de traballo a semana como límite, e mesmo sen máximo nalgúns casos. A ese extremo chegará a autorización da Unión Europea para a semana laboral de ir adiante a reforma que teñen sobre a mesa os ministros de Traballo este luns. A reforma, que permanecía desde hai tempo no caixón, sairá adiante de xeito previsíbel despois de que algúns dos países que aínda se opoñían ao texto, como Italia e Portugal, modificasen as súas posturas ao respecto nas últimas semanas.
A modificación prevista suprimirá o límite de 48 horas para a xornada acumulada ao longo da semana dun traballador, eliminando ademais o requirimento que até o de agora existía dun acordo cos sindicatos para poder flexibilizar esa cifra nalgúns casos. Malia esa nova directiva da UE, de momento, o goberno español comprometeuse a non modificar a actual lexislación.