Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Separación Estado-Igrexa

O Constitucional turco anula a reforma que permitía o veo nas universidades

A Xustiza camiña firme cara a ilegalización do partido do primeiro ministro, o islamista Recep Tayip Erdogan.

Redacción - 19:40 05/06/2008
Erdogan e a súa dona

Erdogan e a súa dona

O Tribunal Constitucional de Turquía anulou a reforma constitucional impulsada polo partido de Recep Tayip Erdogan, primeiro ministro do país, que permitía ás estudantes levar veo na universidade.

Os xuíces estimaron o recurso presentado pola oposición laica, que cre que a reforma impulsada por Erdogan e aprobada polo parlamento en febreiro forma parte dunha axenda islamista oculta que busca crebar o carácter secular do estado turco.

Neste senso, o fiscal xeral turco abriu un proceso para ilegalizar o partido de Erdogan, o Adalet ve Kalkınma Partisi (Partido da Xustiza e o Desenvolvemento) e prohibir a participación en política de 71 dos seus membros, incluíndo el e o presidente do país, Abdullah Gül.

A reforma do veo islámico xoga un papel central no caso aberto contra esta forza política, polo que o fallo da corte suprema podería anticipar unha eventual ilegalización.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: