Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTROVERTIDA DECISIÓN

Turquía permitirá o veo islámico nas universidades

O goberno cre que a medida reforza a liberdade individual e a oposición considera que está en perigo a separación entre Estado e relixión.

Redacción - 10:27 07/02/2008
Tags:

O Parlamento de Turquía aprobou, nunha primeira votación, unha emenda á Constitución que permite que as estudantes poidan empregar o veo islámico nas universidades públicas. O sábado o Parlamento terá que referendar a decisión nunha segunda votación. En principio estaría garantida a aprobación xa que o partido islamista Partido da Xustiza e o Desenvolvemento (AKP) e o opositor MHP apoian a iniciativa.

As autoridades seculares temen que o permiso acabe minando a separación entre Estado e relixión, un dos principios fundacionais da República de Turquía. Pola contra, o primeiro ministro turco, Tayyip Erdogan, lider do AKP, asegura que a iniciativa reforza a liberdade relixiosa e individual.

Non sen o meu veo
Máis do 60% das mulleres turcas empregan o veo islámico. Dende que en 1989 se prohibiu o seu uso nas universidades, moitas familias optaron por prohibirlle ás súas fillas o acceso aos estudos superiores.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: