O goberno español porá en marcha o proxecto VIVE (Vehículo Innovador-Vehículo Ecolóxico) antes de agosto, logo dos malos datos de maio.
As ventas caeron un 24% en maio
O goberno español porá en marcha un novo plan Renove para rexuvenecer o parque automobilístico, segundo anunciou esta cuarta feira no Congreso dos Deputados o ministro de Industria, Miguel Sebastián.
O plan financiará a adquisición de novos vehículos (que emitan menos de 120 gramos de CO2 por quilómetro), sempre que o comprador envíe á "chatarra" o seu vello coche e que este leve "máis de quince anos en circulación".
Sebastián informou de que o plan VIVE (Vehículo Innovador-Vehículo Ecolóxico) "terá unha vixencia de dous anos e porase en marcha nos vindeiros 45 días". O proxecto, sinalou, "axudará a suavizar o axuste que se está a producir no sector da automoción" e "favorecerá o mantemento da actividade".
O anuncio chega pouco despois de se coñecer que as ventas de coches caeron un 24% no mes de maio.