Bloquearán portos e aeroportos e tamén as lonxas para a frota de baixura.
A Plataforma en Defensa do Sector Pesqueiro anunciou que a partir deste mércores vai impedir a chegada de peixe de fóra do Estado Español a portos e aeroportos. Tamén bloquearán as lonxas para a frota de baixura. As medidas acordáronse nunha reunión celebrada este martes en Compostela. Agárdase que o paro, que principiou o pasado venres, comece a afectarlle aos mercados a partir da vindeira semana. Os armadores de Vigo agardarán até o día 15, data na que se espera que o paro sexa total, para impedir as descargas.
Os armadores protestan pola carestía do prezo do combustíbel pero tamén reclaman un maior control das importancións.
Pola súa parte, a Consellaría de Pesca puxo especial énfase no feito de que o 84% da frota de baixura saíse a pescar este mércores. Segundo a Xunta, as lonxas manteñen a súa actividade para darlle saída a este peixe.