Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
PRODUTIVIDADE

Menos tempo para o café no Concello de Pontevedra

O edil de Persoal envioulle unha circular aos empregados municipais para lembrarlles os seus deberes laborais.

Redacción - 10:20 27/05/2008

O concelleiro de Persoal de Pontevedra, Xosé Antón García Lores, amosou a súa preocupación polo "descontrol" dalgúns traballadores municipais no cumprimento dos horarios laborais. Por iso, emitiu unha circular en que lembra os "deberes e principios" do persoal que presta servizos no concello.

Para García Lores, "prodúcese unha perda de tempo importante, fundamentalmente no que se refire a entradas, saídas e dereitos de café", explica a edición pontevedresa de La Voz de Galicia. O edil socialista asegura que ese documento se envía "todos os anos ou cada dous".

No texto saliéntase a "obriga da permanencia e asistencia ao traballo" e mais o "deber municipal de cumprimento íntegro da xornada laboral, agás nos casos xustificados que requirirán en todo caso a presentación do correspondente xustificante".

Porén, García Lores desculpa parcialmente a falta de produtividade do persoal polo feito de que o concello está "repartido nunha morea de edificios diferentes".


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: