As primeiras investigacións apuntan a que o artefacto estaba composto por só trinta gramos de pólvora.
Manuel Ameijeiras sostén que o paquete bomba desactivado este mércores en Vigo estaba composto por 30 gramos de pólvora introducidos nunha caixa de puros. Segundo o delegado do goberno español en Galiza, o paquete enviado ao Grupo Atlántico Promociones Inmobiliarias só pretendía “asustar”. Ameijeiras non quixo, desta vez, acusar directamente dos feitos a grupos independentistas.