Unicef alerta de que perto de seis millóns de nenos menores de cinco anos poden padecer desnutrición aguda se non chega axuda axiña.
Cómpre axuda inmediata, di a ONU
Unicef alertou, a través dun comunicado, que perto de seis millóns de nenos menores de cinco anos corren o risco de desnutrición aguda debido a continuada seca das últimas semanas. Ademais, o Programa Mundial de Alimentos (PMA) asegura que é probábel que se esgoten os abastecementos de comida licuada, suplemento especial para nenos e outros grupos vulnerábeis, en pouco tempo.
"O goberno etíope, a ONU e varias organizacións non gobernamentais están respondendo á crise, mais o problema é tan grande que se precisa máis axuda para poder atender a todos os afectados durante as próximas semanas e meses", sinalou John Holmes, secretario xeral adxunto da ONU para Asuntos Humanitarios.
A principal causa desta fame negra en Etipopía, ademais da seca, mais o aumento dos prezos no país africano tamén contribuíu ao deterioro da situación. O PMA estima que, entre setembro de 2007 e febreiro de 2008, o prezo do millo aumentou un 83% e o do trigo un 54%.