Outra vez a prórroga xogoulla aos coruñeses que deixaron pasar unha nova oportunidade de situarse cada vez máis perto do título. Aínda quedan tres partidos.
Nun partido da liga, contra o Barça
O Coinasa Liceo perdeu ante o Reus no segundo partido das semifinais dos play-off polo título da OK Liga por causa do gol de ouro marcado polos cataláns no tempo adicional.
A historia volvía repetirse, porque o mesmo pasou na Liga Europea. Mais agora fican tres partidos máis, aínda que o marcador está 2-0 para os cataláns (que xa se adiantaran ao vencer por 4-1 ao Liceo no primeiro partido, desenvolvido a pasada sexta feira).
No outro partido de semifinais, o Barcelona impúxose ao Noia Freixenet por 4-1 no mesmo Palau no que os de San Sadurniu gañaran o primeiro partido. Deste xeito, queda igualada a eliminatoria entre os dous equipos cataláns.