Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Hóckei sobre patíns

O Liceo faise forte en Europa

Os coruñeses clasificáronse para as semifinais da Liga Europea. Van ter que xogar contra o Candelaria ou o Reus. Tamén está clasificado o Barça, e o Oporto e o Vic xogan a outra praza.

Redacción - 12:00 18/02/2008
O partido do Liceo contra o Noia

O partido do Liceo contra o Noia

O Coinasa Liceo non saberá do seu rival nos cuartos de final da Liga Europea até que terminen de xogar as finais os distintos grupos, o vindeiro 15 de marzo. O conxunto coruñés, líder xa clasificado do grupo D, terá que se enfrontar ao campión do grupo C, que será o Candelaria ou o Reus Deportiu.

Até o de agora os portugueses van de primeiros, con 12 puntos, despois de terlle gañado ao Cronenberg alemán por 0-5. O Reus é segundo con 10 puntos, e tería que gañar, pois non lle vale outra cousa, para pasar á final a catro, posto que o Candelaria xa sairía beneficiado após un reparto de puntos.

O outro clasificado e principal rival, o Barça
Outro dos equipos xa clasificados é o Barça, primeiro do grupo A, con cinco vitorias en cinco partidos. Xogará contra o campión do grupo B, que sairá na última xornada, do partido que han xogar Vic e Oporto.

Deste xeito, o Liceo evita xogar directamente contra o Barça, o gran favorito para o título, pero, se as cousas van ben, podería telo de rival na final. As semifinais hanse xogar o 10 e 11 de maio no Palau Blaugrana.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: