O equipo atravesa un dos seus mellores momentos dos últimos anos. O sábado gañoulle con contundencia ao Bassano e lidera o grupo D, chamado "da morte".
Na tarde do sábado os galegos eliminaron aos italianos do Bassano por 3-6, noutra moi boa actuación na liga europea. Os tres goles foron obra de Pablo Álvarez.
A vindeira cita será a fin de semana que vén. Os coruñeses terán que gañarlle aos catalán do Noia, o outro equipo estatal do Grupo D. Os dous xogan o pase á fase final do europeo.
Os cataláns veñen de gañarlle ao Barcelos portugués por 3-2 e van, na liga estatal, de terceiros, mentres, o Liceo mantense de sexto.