Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
POLÍTICAS EMPRESARIAIS QUE FAVORECEN O CASTELÁN

O Sindicato de Xornalistas denuncia que moitos medios impiden aos informadores usar o galego

Cualifica de 'hipócrita' que as portadas dos xornais do país aparezan en galego o 17 de maio.

Redacción - 16:49 17/05/2008

O Sindicato de Xornalistas de Galicia denuncia, no Día das Letras Galegas, que o emprego do galego é aínda unha rareza na maioría dos medios de comunicación privados da Comunidade. Así mesmo, cualifica que "hipócrita" que o día 17 de maio as portadas dos principais xornais de Galiza saian á rúa maioritariamente en galego.

"A realidade do día a día -di o Sindicato- é ben diferente, pois son moitos os afiliados do SXG que queren escribir máis noticias en galego pero que non poden facelo debido as políticas empresariais que favorecen o castelán en tódolas áreas temáticas que non sexan, sobre todo, cultura ou opinión".

O Sindicato respeta a total liberdade das empresas para escoller o idioma no que publican. Sen embargo, o SXG pídelles ós medios un compromiso máis alá do puramente estético ou testimonial co galego, que tamén é a lingua de moitos dos seus empregados e da maioría da súa audiencia.

Así mesmo, esta organización lémbralles aos poderes públicos que unha das súas obrigas legais é fomentar o uso da lingua. Por iso, o SXG reclama ás administracións que o emprego regular deste idioma sexa, xunto coa erradicación da precariedade laboral, un criterio clave á hora de conceder as subvencións e as campañas de publicidade que, con cartos públicos, sirven para financiar ás empresas da comunicación.


5/5 (26 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: