Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuízo, o vindeiro luns

"Ao seu particular modo, España tamén celebrará este 17 de maio"

Piden máis de dous anos de cárcere para un mozo acusado de deixar fronte a Vicepresidencia unha lingua de vaca co lema 'Así quere ver a Xunta a nosa lingua'.

Redacción - 18:35 15/05/2008

O colectivo Ceivar fixo un chamamento a toda a cidadanía do país, en especial aos colectivos lingüísticos, a acudir o vindeiro luns, ás 9.00 horas, ao Xulgado Nº1 de Compostela en apoio de P.M.P., que pode ser condenado, por un delito de danos, a unha pena de dous anos e tres meses de prisión e a unha multa de 7.200 euros, así como 970 euros en concepto de responsabilidade civil.

Os feitos que se lle imputan datan do 8 de novembro de 2006, cando varias persoas deixaron unha lingua de vaca co lema Así quere ver a Xunta a nosa lingua nas oficinas que Vicepresidencia ten na Praza da Quintana, en Compostela. Ademais, verteuse pintura de cor vermella na sede institucional.

A acción simbólica -que tivo lugar no transcurso dunha folga estudantil, en defensa de medidas efectivas para a normalización do galego no ensino- formaba parte dunha campaña en protesta pola política lingüística do Goberno.

"Contra a morte lenta do galego"

Dende o colectivo Ceivar consideran que namentres "todos os estudos sociolingüísticos indican a situación límite en que está a nosa lingua e reverdecen grupos ultras que, como Galicia Bilingüe, propoñen abertamente o seu exterminio, a Policía e a Xustiza españolas parecen ter máis interese en perseguir quen se revolven contra a morte lenta do galego".

Neste senso, afirman que "ao seu particular modo, España tamén celebrará este 17 de maio". Ademais, salientan que "paradoxalmente" aínda que se estea a dar un "incumprimento prolongado" do decreto do galego no ensino, esta "ilegalidade consentida non mereceu até hoxe ningún tipo de sanción oficial".


4,44/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: