Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día Internacional do comercio xusto

O Comercio (ás veces) unha ferramenta de xustiza social

Este sábado os produtos saen á rúa en seis cidades galegas, cos prezos que merecen. Velaquí as posibilidades para pasar a xornada.

Redacción - 09:30 10/05/2008

Hai actividades en seis cidades galegas, organizadas para o Día Internacional do Comercio Xusto pola Coordinadora Galega de ONGD. Entre as 11:00 e as 20:00 horas A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Compostela encheranse de actuacións musicais, contacontos, obradoiros, teatro de rúa e outras actividades lúdico-educativas para nenos, nenas e maiores.

Os lugares: na Coruña, na Coraza da Ensenada do Orzán, Paseo Marítimo; en Lugo, na Praza Maior; en Ourense, na Rúa do Paseo; en Pontevedra, na Praza Peregrina; en Santiago de Compostela, na Praza de Cervantes; e en Vigo, na Praza América.

O importante: que a xente saiba das desigualdades que existen no actual sistema comercial internacional, onde a meirande parte dos pequenos produtores non reciben os salarios que merecen, ademais de veren violados día tras día os seus dereitos fundamentais, sociais e laborais, mentres, por outro lado, se estraga a súa calidade de vida e a do medio no que habitan.

Por outro comercio, un máis xusto

Mais este sábado, ademais das actividades organizadas pola Coordinadora Galega de ONGD, hai outras cousas, como o roteiro do facho olímpico dentro da Campaña Xoga Limpo, organizado por Amarante. A ONG vai dedicar este día ás Olimpíadas e aos dereitos laborais nas fábricas de roupa deportiva, e, xunto con Verdegaia, fai un chamamento sobre a explotación que viven milleiros de persoas que cosen as marcas deportivas. Neste sábado o seu facho olímpico particular vai facer un percorrido de mañá por varias cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra e Compostela.

Tamén en Compostela hase desenvolver un mercadiño, organizado pola Casa Encantada na Porta do Camiño. Despois vai haber unha foliada-sesión vermouth, seguida dun xantar e a universidade, ámbalas dúas populares.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe do filme China Blue, na que se denuncia a explotación das traballadoras chinesas do sector téxtil
Imaxe do filme China Blue, na que se denuncia a explotación das traballadoras chinesas do sector téxtil
Detalle do cartaz do mercadiño organizado en Compostela pola Casa Encantada
Detalle do cartaz do mercadiño organizado en Compostela pola Casa Encantada