Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Plan de viabilidade'

Cedonosa despedirá 37 traballadores de Catoira para aumentar a produción en Teruel

O traballo centralizarase na planta española, mentres que a galega só fabricará pezas especiais e básicas que non poida asumir a primeira.

Redacción - 11:33 09/05/2008
A fábrica de Cedonosa en Catoira

A fábrica de Cedonosa en Catoira

A dirección da empresa de Cedonosa (cerámica Ferrogres), confirmou esta quinta feira, tras unha xuntanza co comité de empresa, que despedirá 37 traballadores da planta de Catoira (Caldas) en favor da que ten en Teruel.

No documento Cedonosa-Diagnóstico, plan de viabilidade e plan de pagos explícase que a produción quedará centralizada na planta española, mentres que a factoría galega destinarase unicamente á fabricación de pezas especiais e básicas que non poida asumir a primeira.

Os sindicatos xa expresaron o seu rexeitamento xa que entenden que a solución "non pasa por recortar a produción e despedir os que sobran, senón por facer un plan de mellora no mercado, manter un nivel de produción adecuado e o persoal actual".

"Aproveitan a situación para desfacérense de operarios"
"Entendemos que a empresa nestes momentos ten que buscar financiamento e liquidez para o seu normal funcionamento e non aproveitar esta situación para se desfacer de 37 traballadores", manifestou Xoan Bouzas, da CIG.

O comité de empresa, integrado por representantes do sindicato nacionalista, CCOO e UXT, anunciou que se reunirá este luns co delegado provincial da Consellaría de Traballo e co xefe de Inspección de Traballo. Posteriormente, farao coa delegada de Industria, e o 16 de maio co director xeral do Igape.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: