Expertos do goberno norirlandés debaten sobre a forma correcta de escribir vicepresidente. Xa elaboraron un informe de cincuenta páxinas.
No norte de Irlanda estase a cociñar unha nova discusión. Trala formación do goberno despois das eleccións do ano pasado nas que o dirixente do Sinn Fein, Martin McGuinnes, se converteu en vicepresidente, o conflito nace agora por unha letra. Vicepresidente, escríbese con maiúscula ou minúscula? "deputy First Minister" ou "Deputy First Minister"? Polo de agora, expertos do goberno xa elaboraron un informe de 50 páxinas para tratar de resolver esta disquisición.
A pesar do estudo, a polémica segue aberta. A orixe sitúase poucas semanas despois da formación do goberno (un goberno no que o primeiro ministro e o viceprimeiro ministro comparten as mesmas responsabilidades), xa que a Northern Ireland Act escribe con minúscula o cargo de vicepresidente. Os funcionarios comezaron a poñer os rótulos tamén en minúscula, e McGuiness non mostrou oposición. Mais esta decisión non foi aceptada por todo o mundo xurdindo de novo o conflito. A día de hoxe, tal é a confusión que o nome do cargo do goberno aparece escrito na web xeral unhas veces en maiúscula e outras en minúscula.