Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
LOITA CONTRA A MARXINALIDADE

O Concello da Coruña mercará vivendas usadas para facilitar o realoxamento das familias xitanas

Investiranse un total de 800.000 euros para recolocar as persoas que sufran "procesos de xestión urbanística".

Redacción - 13:40 30/04/2008
Vista aérea do poboado de Penamoa

Vista aérea do poboado de Penamoa

O Concello da Coruña vai investir un total de 800.000 euros para mercar vivendas usadas en diferentes barrios da cidade, que albergarán as familias xitanas de Penamoa. Con esta iniciativa, o goberno local cumpriría as súas intencións de dispersar aos residentes do poboado por diversas zonas da cidade, tras o compromiso do alcalde, Xavier Losada, de que os realoxos non se efectuasen en Novo Mesoiro.

Os interesados en ofrecer ao Concello vivendas usadas terán até o 1 de xullo para presentar as súas propostas. A partir de aí, os técnicos municipais abrirán cinco días despois os sobres que conteñan a documentación das ofertas e unha comisión técnica se encargará de elixir a mellor opción. Entre os barrios máis aptos para acoller aos habitantes do asentamento chabolista, atópanse os de Os Mallos, A Gaiteira e Monte Alto.

Tras as protestas dos veciños de Novo Mesoiro, o alcalde coruñés comprometeuse a non realoxar aos habitantes de Penamoa no barrio, pero non anunciou cal será a súa ubicación definitiva. En tanto, os veciños de outras zonas da cidade advertiron que tamén se manifestarán polo seu desacordo coa política municipal de realoxos.

Poboado de transición: en xuño

O voceiro da comisión permanente de integración sobre o Plan Especial Penamoa, Fernando Márquez, asegurou que o poboado de transición para integrar as familias xitanas que queiran formar parte desta iniciativa, comezará a funcionar en xuño. As chabolas destas familias serán reformadas, xa que habitarán nelas mentres non se as ubica definitivamente nun piso.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: