Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Foro en Vigo, este sábado

As minorías e a comunicación, na mesa de debate

Entre outros, participarán representantes do Foro da Emigración, da Fundación Secretariado Xitano e da Asociación Marroquí de Pontevedra.

Redacción - 09:45 26/04/2008

O tratamento das minorías étnicas nos medios de comunicación foi sempre un dos problemas do xornalismo. Para analizar esta situación, este sábado a cidade de Vigo acolle unha xornada presencial do Foro Internacional sobre Comunicación e Minorías Étnicas, organizado polo Observatorio Galego dos Medios do Colexio Profesional de Xornalistas e no que participarán membros do ámbito académico pertencentes das universidades galegas, así como representantes de asociacións relacionadas coas minorías.

Durante esta xornada, falarase sobre a maneira de realizar un tratamento axeitado da información relacionada coas persoas pertencentes a algunha minoría étnica. O obxectivo do Foro é o de dar a coñecer á sociedade as principais conclusións da análise dos medios dende a perspectiva das minorías étnicas e do seu estudo.

As explicacións correrán a cargo de membros do ámbito académico como Diego López, Mar Lorenzo e Rosa Verdugo Matês, das universidades da Coruña e Santiago; así como representantes de asociacións relacionadas coas minorías étnicas, como Mónica Alzate, do Foro da Emigración, Santiago González, da Fundación Secretariado Xitano, e Mustapha El Aboubie, da Asociación Marroquí de Pontevedra. Tamén estarán presentes xornalistas especializados no eido das minorías, como Víctor Omgbá, Juan de Sola e Lara Varela.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: