O rexedor da localidade andaluza de Puerto Real, José Antonio Barroso (IU), négase a rectificar as declaracións que fixo nun acto público.
O alcalde da localidade andaluza de Puerto Real, José Antonio Barroso, non tivo reparos en dicir publicamente o que pensa sobre o monarca español, Juan Carlos de Borbón. O rexedor, que milita en Izquierda Unida, aproveitou unha homenaxe á Segunda República para dicir que o rei era un “corrupto” e un “crápula”. A Fiscalía de Cádiz decidiu abrir dilixencias para determinar se o rexedor “incorreu en delito”.
Barroso sinalou no acto público que “O Borbón é fillo dun crápula. O Borbón de condición desprezábel, o presente, non é menos desprezábel do que foi o seu pai. Afecto ao golpe de estado, desprezado polo tirano, a quen lle pediu reiteradamente que o deixase entrar no exército faccioso”. O alcalde tamén se referiu á impunidade que lle dá a Constitución española ao xefe do Estado. Como exemplo sinalou que se o rei atropella a unha moza e esta morre no accidente “quedaría sen castigo como resultado, por exemplo, dun feito que ten que ver posibelmente coa súa habitual vinculación etílica”.
Este mesmo xoves, en declaracións a diferentes medios, o alcalde mantivo as súas críticas: “A monarquía non é ningún modelo nin ningún espello para mirarse. Calquera político, co seu entorno empersarial, tería cavado a súa propia tumba”.