Os dous equipos enfrontaranse o 30 de abril no estadio lucense Anxo Carro.
O conxunto coruñés chega á final despois de lle gañar ao Racing de Ferrol ao Negreira (partido, este último, no que se lesionou Valerón); os vigueses veñen de lle gañar ao Coruxo e ao Ourense, con moitos dos xogadores da canteira.
Das datas que ofrecía a Federación Galega de Fútbol para o encontro, finalmente os dous equipos só puideron aceptar a da cuarta feira que vén, posto que o Depor tiña que xogar o 7 de maio contra o Levante.
O partido é ás 20:45 horas no Anxo Carro, en Lugo, un estadio nada descoñecido para o Celta, que gañou a pasada tempada a competición (que naquela altura se chamaba Copa Xunta) contra o Lugo.