Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
As polémicas da Copa Galiza de fútbol

Xogan polos cartos?

Os membros de varios clubes galegos non están de acordo coas datas desta competición. Parécenlles, en xeral, máis importantes os seus compromisos de liga.

Redacción - 14:00 04/04/2008

A maior parte dos clubes que participan na Copa Galiza están descontentos coas datas (aínda non precisadas de todo Deporte, a non ser o primeiro partido, programado para a cuarta feira que vén, 9 de abril), porque lles coinciden cos decisivos finais das súas ligas.

Segundo publicaba esta semana o xornal La Opinión de A Coruña, tamén o adestrador do Deportivo, Miguel Ángel Lotina, tivo as súas palabras de queixa por ter que participar na Copa: "este non é un bo momento", dixo referíndose á fase na que está o seu equipo, loitando pola permanencia en Primeira.

Outros clubes tamén xogan a suba a unha categoría superior, ou loitan pola permanencia... E os de Terceira seguen molestos por seren incluídos só o Coruxo e o Negreira, desta categoría, na listaxe de clubes participantes.

Todo polos cartos?

Pero todos os clubes (Dépor, Celta, Racing, Pontevedra, Lugo, Ourense, Negreira e Coruxo) van participar, aínda que tal vez botando man de suplentes ou xogadores dos filiais, para non cansar aos máis importantes na recta final da liga. Cada un xoga unha cousa distinta nestes días; todos loitan: O Dépor loita en 1ª División pola permanencia; O Racing tamén loita por permanecer en Segunda; o Pontevedra loita por chegar á fase de ascenso de Segunda B; o Lugo loita por poder xogar a Copa do Rei; e o Ourense pola permanencia (depois de gañar a Copa Federación). E xa en Terceira, o Coruxo e o Negreira tamén loitan, o primeiro por poder xogar o ascenso, e o segundo por non terminar de antepenúltimo, fuxindo do descenso. O único clube que non protestou foi o Celta, porque está no medio e medio da Segunda División, sen ter para onde ir.

Os ruxerruxes falan de que é a compensación económica que reciben a que os fai participar nesta competición. De feito, só por xogar o primeiro partido, os clubes cobran 6.000 euros; se pasan a semifinais levan ouros 6.000 euros; e no caso de gañar a final, van 28.000 euros enteiriños para as sacas do campión... cartos que axudan moito aos equipos do país.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Web da Federación Galega de Fútbol (en castelán e galego)
Web da Federación Galega de Fútbol (en castelán e galego)
O Ourense, despois de gañar a Copa Federación fronte ao Reus
O Ourense, despois de gañar a Copa Federación fronte ao Reus