Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ameazan con levar a xuízo o MpDC

A Garda Civil considera que a publicidade do caso GZ pode "lesionar a dignidade do corpo"

A saída á luz dos documentos que recomendaban aos axentes tomar datos dos coches co adhesivo GZ podería chegar aos tribunais.

Redacción - 10:30 18/04/2008

O Movemento polos Dereitos Civís comunicou este xoves a súa tranquilidade sobre a denuncia realizada no seu momento ao respecto das recomendacións que presuntamente se lle terían trasladado aos axentes da Garda Civil nalgúns cursos de formación interna. O colectivo asegura que achegará a documentación correspondente se un xuíz llela require.

De paso, critican a posición adoptada pola Dirección Xeneral da Policía e a Garda Civil, que estudan coa fiscalía "a posíbel existencia dun delito contra as institucións do Estado". Segundo as interpretacións da dirección xeral, a revelación destes datos son "feitos inxuriosos e falsidades tendentes a lesionar a dignidade dun corpo das Forzas de Seguridade do Estado". Pola contra, tal e como lembran desde o MpDC, desde a Unión de Gardas Civís, admitirían a posíbel existencia desas consignas aos axentes, pero atribúenlla no seu caso a "mandos que nunca estarían destinados en Galiza e que por iso descoñecen a realidade galega".


4,78/5 (23 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: