O conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, considera que os orzamentos deben basearse en máis factores.
O conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, asegurou este domingo na Radio Galega que a Xunta se oporá á que a que a publicación das balanzas fiscais condicione o financiamento económico. O conselleiro socialista afirmou que as balanzas fiscais poden facerse con metodoloxías moi diferentes e que polo tanto non poden ser usadas no debate de financiamento das diferentes comunidades do Estado. Fernández Antonio defende que os orzamentos teñen que basearse en múltiples factores como poden ser os de poboación ou o do número de persoas dependentes.
No que respecta á cada vez máis posíbel recesión da economía mundal, Fernández defende que Galiza está nun bo camiño xa que “está gañando a batalla das exportacións”. Puxo como exemplos o sector do automóbil, o téxtil ou o naval. Tamén subliñou a aposta polas enerxías renovábeis que fan que o noso país sexa menos dependente do petróleo. Con estes datos, o conselleiro cre que a Xunta non debe modificar o seu modelo orzamentario e a aposta pola formación e as novas tecnoloxías.