Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
A Coruña

Imputados os tres policías acusados de mallar nun traballador de Nostián

O xuíz tomou a decisión tras escoitar as declaracións do traballador, que tamén foi xulgado o xoves por unha suposta desobediencia á autoridade.

Redacción - 10:30 11/04/2008

O xulgado de Instrución número 2 da Coruña, imputou o xoves os tres policías acusados de agredir un traballador de Albada, a empresa encargada da xestión da planta de tratamento de residuos de Nostián. O altercado produciuse o luns 7 durante unha manifestación na que os traballadores da planta protestaban polas rúas da Coruña solicitando un incremento das medidas de seguridade da empresa.

Tralas declaracións do traballador que denunciou aos policías por agresión e manifestou estar de baixa laboral como consecuencia dos golpes, o xuíz decidiu abrir un proceso a partir do cal os tres axentes acusados expliquen a súa versión do ocorrido, e posteriormente decidir se o xuízo segue adiante, co cargo de acusación por faltas ou delito de lesión, ou se finalmente se arquiva.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: