Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Xa se viña anunciando nas anteriores etapas

Herrero dálle ao Karpin Galicia a súa primeira vitoria nunha carreira Pro Tour

Por fin o equipo galego demostrou o que vale correndo entre algúns dos mellores ciclistas do mundo. David Herrero gañou a etapa e vai terceiro na xeral. Mosquera mantense segundo e Mayoz é líder das metas voantes.

Redacción - 17:27 09/04/2008
David Herrero

David Herrero

Chegou a hora de amosar todo o que valen os corredores do equipo ciclista profesional galego, e, ademais, en territorio Pro Tour, na Volta a Euskadi.

Por fin chegou a vitoria para o KGZ, da man de David Herrero que lle roubou, ao sprint, o podio a Luis León Sanchez (Caisse D'Epargne), que entrou segundo, seguido de Paolo Bettini (Quick Step).

Tres do KGZ destacando polo medio dalgún dos mellores ciclistas do mundo

O sprint de Herrero foi imparable, mais tamén a súa progresión nesta rolda, onde xa está de terceiro na xeral, xusto por detrás de Ezequiel Mosquera (segundo) e de Alberto Contador (líder, polo de agora). O corredos biscaíño xa tiña dito que o seu obxectivo nesta rolda era "gañar unha etapa", ao tempo que dicía notar a súa mellora dende o Criterium International.

Herrero fixo a etapa nun tempo de 4 horas, 54 minutos e 24 segundos e destacou pola súa forza para repeler os ataques. Ademais da súa actuación, destacou a do seu compañeiro Iban Mayoz, que segue a ser, unha xornada máis, líder das metas voantes.


Ligazóns

5/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: