Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Na segunda etapa da Volta a Euskadi

O Karpin Galicia volveu rozar o triunfo con Herrero, terceiro

Só superaron ao biscaíño do equipo ciclista galego o luxemburgués Kim Kirchen (Team High Road), vencedor da etapa, e o italiano Paolo Bettini (Quick Step), segundo.

Redacción - 11:28 09/04/2008
David Herrero

David Herrero

O corredor do KGZ rozou outra vez o triunfo na segunda etapa da Volta a Euskadi, mais ao final repetiu o terceiro posto, por detrás de Kim Kirchen (Team High Road) e Paolo Bettini (Quick Step). Ademais de manterse, Herrero pasou a comandar a clasificación da regularidade.

Polo seu lado, Ezequiel Mosquera segue de segundo na clasificación xeral, e Iban Mayoz, pola súa banda, sitúa tamén ao Karpin Galicia como líder nas metas voantes.

A segunda etapa da rolda vasca, disputada sobre 153 quilómetros entre Legazpi e Erandio, tivo un discorrer tranquilo na maior parte do percorrido para acumular moita tensión nos quilómetros finais, dos que a impetuosidade do pelotón foi levantando o perigoso asfalto mollado.

Entre ataques, foi destacando Herrero

Os ataques sucedéronse e o propio líder, Contador, dando mostras da súa fortaleza, entrou nunha fuga ao responder a un ataque de Luís León Sánchez (Caisse D'Epargne). Pero prevaleceu o labor de control dalgúns equipos, entre eles o Karpin Galicia, que quería apurar na liña de meta as opcións de Herrero. Vorganov e Mourón foron os que realizaron, magnificamente, este labor de control na cabeza do pelotón por parte do equipo galego.

No último quilómetro chegou o Karpin Galicia con Herrero moi ben situado a roda de David García, pero unha parada no grupo descolocounos. Herrero pedaleou sen o seu compañeiro, e foi remontando posicións até a moi meritoria terceira praza.

A etapa desta cuarta feira
A terceira etapa, con 195 quilómetros, será a máis longa desta edición da rolda vasca e irá de Erandio (Biscaia) a Viana (Navarra). No percorrido os ciclistas atoparanse con con catro cotas de montaña, a última delas, de segunda categoría, a dez quilómetros de meta.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: