Haberá un concerto por provincia, nos que ademais dos candidatos actuarán bandas consagradas como Triángulo de Amor Bizarro ou Niño y Pistola.
A primeira semifinal é a de Lugo, que terá lugar o xoves dez de abril na Sala Babel de Lugo. Despois virán a de Ourense (17 de abril no Café Auriense), a da Coruña (8 de maio no Forum Celticum) e, finalmente, a de Pontevedra (o 22 de maio na Fábrica de Chocolate de Vigo). Os candidatos serán 'apadriñados' en cada concerto por bandas galegas de peso, como Triángulo de Amor Bizarro, Niño y Pistola, Loretta Martin e Pacífico.
O xurado do I Concurso de Maquetas 100 Pipers, formado por Julián Hernández, Nonito Pereira (Mondosonoro) e Noel Feáns (responsábel de A Regueifa Plataforma e de Sono-Tone), escollerá aos catro finalistas, que o 12 de xuño disputarán a final do concurso na Sala Capitol de Compostela, nun concerto encabezado polos toledanos Sunday Drivers. Será a 'batalla das bandas', cuxo gañador terá a oportunidade de gravar un disco co selo Falcatruada.
En total recibíronse 281 cancións das 134 bandas galegas que participaron: 39 da Coruña, 12 de Lugo, 16 de Orense e 67 de Pontevedra.
As semifinais
10 de abril. Lugo. Sala Babel. Triángulo de Amor Bizarro.
Semifinalistas: Arrithmia, Few days later, e Psicolepsia.
17 de abril. Ourense. Auriense Café Cultural. Niño y Pistola.
Semifinalistas: Don Alcántara y sus cazamejillones, Leyendas, e Baldosa Amarilla.
8 de maio. A Coruña. Forum Celticum. Loretta Martin.
Semifinalistas: Knell, NOC, e Franc3S.
22 de maio. Vigo. A Fábrica de Chocolate. Pacífico
Semifinalistas: Gurumamut, Erik e Shally, e Freylekhs.