O conselleiro de Economía confirmou que en 2008 se medrará menos do estimado a finais do ano pasado.
O conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández Antonio, anunciou este martes a redución en sete décimas da previsión de crecemento do PIB para este exercicio, que se sitúa no 2,8%.
Na súa intervención no Pleno do Parlamento, Fernández Antonio confirmou que a economía do noso país evolucionará este ano peor do estimado a finais de 2007, pois na Lei de Presupostos aprobada se calculaba un incremento do PIB do 3,5%.