Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'VACAS TOLAS'

Os sindicatos piden un plan de choque para que non se agrave a crise do vacún

Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores apelan á "intelixencia" do consumidor para que non se vexa influído polas dúas mortes de Castela e León.

Redacción / EP - 14:27 08/04/2008

Os produtores de carne de vacún admitiron este martes o seu temor a que se agudice a crise que sofren polo aumento dos custos se se produce unha caída "infundada" do consumo de carne a raíz da morte de dúas persoas en Castela e León pola enfermidade de Creutzfeldt-Jakob. Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores lamentaron que os casos cheguen xusto nun momento de descenso do consumo de carne polo seu elevado prezo no mercado.

Os tres sindicatos fixeron un chamamento á "intelixencia" do consumidor, coñecedor de que "en 2001 se instauraron uns controis que fan imposíbel que a EEB chegue á cadea alimentaria". Porén, pídenlles ás administracións públicas en que insistan na información de que hai "garantías absolutas" dende o ano 2001 e que os casos dos afectados se deben a "consumos realizados antes da aplicación destes controis".

Por iso, os sindicatos incorporarán un "plan de choque" para promover o consumo de carne de vacún e que lle esixirán ao Goberno que aplique. O plan xa existía antes de que se coñecesen as dúas mortes pola variante humana do mal das 'vacas tolas', pero incorporará medidas adicionais. Tampouco descartan mobilizacións ante unha situación que pon en perigo de "creba a moitas explotacións".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: