Pide a fin da violencia contra a poboación, a liberación dos presos políticos, e a apertura do diálogo co Dalai Lama.
Nicolás Sarkozy podería non asistir á cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Beixín. O xefe de Estado francés tomará a súa decisión "en función da evolución dos acontecementos", segundo indicou nunha entrevista en Le Monde a secretaria de Estado de Dereitos Humanos, Rama Yade. Segundo Yade, Francia Francia plantexa tres condicións "indispensábeis" para acudir á inauguración dos Xogos.
Trátase da "fin da violencia contra a poboación e a liberación dos presos políticos, que se faga a luz sobre os acontecementos tibetanos, e a apertura do diálogo co Dalai Lama".
Por outra banda, Yade esixiu a liberación "inmediata" de Hu Jia, o emblemático activista chinés dos dereitos humanos que foi condenado esta semana a tres anos e medio de prisión.