As chinesas son as Olimpíadas da polémica. Polo serio recorte de dereitos que viven os e as cidadáns chinesas, e polo conflito da China no Tíbet (que ademais é silenciado, día a día, polas autoridades do país), falouse máis dunha vez da posibilidade de facerlle boicot aos Xogos Olímpicos deste verán.
Ademais das voces que chegaron de todo o mundo chamando ao boicot, algúns deportistas galegos colaboraron nun vídeo de AI que denuncia a sistemática violación dos Dereitos Humanos na China, agora que chegan as Olimpíadas.
E ti, que opinas que deberan facer os olímpicos do país? Boicotear ou non?